CRTVG

Buscar

Rivera pídelle a Sánchez que aplique o 155 para botar a Torra da Generalitat

Publicado o 20/10/2019 15:24

Ciudadanos convocou unha concentración na praza de Sant Jaume de Barcelona reivindicando xustiza e convivencia. Antes de participar no acto, o líder da formación achegouse ata a xefatura Superior de Policía para solidarizarse cos axentes feridos. Albert Rivera lembroulles aos radicais que as rúas son de todos e asegurou que quere ser presidente para meter no cárcere os que queren rachar España. Ao presidente en funcións pediulle que aplique o artigo 155 para botar a Torra da Generalitat.

"Algúns agora din que ten que dimitir. Se temos un artigo da Constitución que nos permite sacar un señor que corta estradas, que chama á violencia, vai en coche oficial e utiliza as institucións... a que están agardando para botar a Torra e ir xuntos defender a Constitución? Fóra Torra, cesemos a Torra, volvamos á convivencia", reclama Albert Rivera.

Noticias web

20/10/2019