CRTVG

Buscar

Rivera dá un mítin na vila natal de Josu Ternera

Publicado o 23/05/2019 15:18

Hoxe o líder de Ciudadanos protagonizou un acto electoral cargado de tensión en Ugao, a vila onde naceu o etarra Josu Ternera.

Entre fortes medidas de seguridade, Albert Rivera e outros dirixentes percorreron as rúas desta pequena vila próxima a Bilbao, onde o partido non se presenta ás municipais.

Unhas 200 persoas manifestáronse en silencio en sinal de protesta e puxéronse de costas cando pasou por diante a comitiva de Ciudadanos. Houbo pancartas nas fachadas, algún berro e ruído de sirenas durante todo o mitin. Finalmente, Rivera abandonou a localidade á media hora sen rexistrarse incidentes.


 

Noticias web

23/05/2019