CRTVG

Buscar

Ringleiras para os tests de antíxenos realizados nas sete cidades principais para non vacinados

Publicado o 24/07/2021 21:13

A iniciativa tivo boa acollida, á vista das ringleiras que atopamos en varios dos puntos onde se realizaron as probas. Na Coruña o Sergas montou o dispositivo móbil xunto ao pavillón de deportes de Riazor.

Os tests, dirixidos a persoas non vacinadas ou coa pauta sen completar, fixéronse, en horario de mañá e tarde, ao tempo nas sete cidades grandes galegas, de balde e sen necesidade de cita previa nin de ser residentes. De feito, en Santiago demos con visitantes e peregrinos que aproveitaron a oportunidade.

Ao seren probas de antíxenos os participantes marchaban xa cos resultados.
Máis dun acudiu para ter o certificado negativo preciso para gozar dos locais de ocio nocturno e para acceder, nos concellos de máis incidencia, ao interior de bares e restaurantes, como nos comentaban en Ourense.

A intención da Xunta con esta experiencia piloto é aumentar a capacidade diagnóstica e axudar a cidadanía a familiarizarse con este sistema mentres a situación non mellore.

Noticias web

24/07/2021