CRTVG

Buscar

Ringleiras para mercar un décimo do Sorteo do Neno, unha lotaría que non adoita entusiasmar os galegos

Publicado o 04/01/2021 21:02

Aínda así, estes días puidemos ver longas ringleiras de xente que non se resiste a probar sorte de novo e, se pode ser, compartila.

Entre as administracións que máis venden están as que xa demostraron estar aliadas coa sorte. Nesta do Grove ou nesta de Vigo que repartiron premios importantes no Nadal aumentaron as vendas, non vaia ser que repitan.

Porén hai quen merca onde cadra, quen sempre é fiel a mesma administración e, por suposto, non faltan as supersticións.

Non mercar décimos para o Sorteo do Neno tamén será a opción de moitos galegos pero, os que decidan facelo, gastarán uns 16 euros por persoa. Un desembolso mais baixo ca a media española, que se sitúa nos 17 euros con 57 céntimos. Lugo é a provincia na que máis se gasta seguida da Coruña, Pontevedra e Ourense.

 

Noticias web

04/01/2021