CRTVG

Buscar

Ringleiras de persoas para entrar nalgunha das tendas do novo centro comercial Vialia de Vigo

Publicado o 30/09/2021 14:11

Moita expectación na apertura do centro comercial. Houbo quen agardou máis dunha hora para garantir a entrada nas tendas. O 30 % das marcas que se instalan neste centro comercial son novas en Vigo. O gran proxecto inclúe a estación de trens e a anexa de autobuses. O deseño sorprendeu os visitantes.

Os responsables do centro comercial estiman que creará uns 2.000 postos de traballo. No pequeno comercio vigués algúns teñen dúbidas sobre o impacto deste centro comercial, mentres que outros ven unha oportunidade.

Case a totalidade dos 120 locais deste centro comercial están xa ocupados. Na parte superior, unha gran praza pública coroa o deseño do arquitecto estadounidense Tom Mayne.

Noticias web

30/09/2021