Richi Casás, músico: "Onde a tradición está realmente a salvo é na vida real da xente"
Publicado o 24/11/2020 18:10
As gravacións que Dorothé Schubarth recolleu na casa de súa avoa Rosa son o punto de partida de Fuliada na vila.
A historia deste proxecto está editada por aCentral Folque na colección ZECA. Na proposta musical conflúen varias culturas: das pandeiretas ás orquestras; dos ritmos latinos ao jazz. Canda ao saxo alto, a voz e as percusións de Richi Casás, dez músicos compoñen a banda de Fuliada na Vila.