CRTVG

Buscar

Richard Barral: "Temos que ir partido a partido e cando rematemos depuraremos responsabilidades"

Publicado o 03/02/2021 14:52

O director deportivo do R. C. Deportivo, Richard Barral, analizou a situación do club: "Somos un equipo de Segunda B con tres xogadores con ofertas de primeira división", sostivo o responsable da área deportiva, quen avanzou que "ao final da tempada" pasará "un informe" ao club e depuraranse "responsabilidades".

Sobre a destitución de Fernando Vázquez o mes pasado, recoñeceu que a dirección deportiva pasou un informe "tanto sobre o adestrador como o rendemento dos xogadores", pero non aclarou se pediu a súa saída nin se o fixo antes de Nadal ou cando se tomou a decisión de destituílo, tras o primeiro partido de 2021 en Segunda B.

Para Vázquez, tivo "palabras de agradecemento, de agarimo" e afirmou que a súa "relación persoal é xenial" a pesar de que o técnico, na súa despedida, chegou a asegurar que no club había un problema interno grave que non concretou. 

Noticias web

03/02/2021