CRTVG

Buscar

Richard Barral di que "a planificación non se pode atrasar máis"

Publicado o 24/08/2020 16:53

• Avanzou que Sabin Merino xogará no Deportivo se o equipo queda en Segunda

O director de fútbol do Deportivo, Richard Barral, admitiu este luns que "a planificación" da tempada 2020/21 "non se pode atrasar máis" e, aínda que se mostrou convencido de que o equipo seguirá en Segunda División, pediu que se confirme xa a categoría.

"Non teño dúbidas de que imos estar en Segunda e, se é así, gustaríame que o soubésemos canto antes porque a planificación non se pode atrasar máis. Pídollo a quen corresponda. Sei que os políticos están de vacacións, pero unha reunión por videoconferencia, pedir ás partes que se poñan de acordo, pódese facer", apelou.

Nunha conferencia de prensa con preguntas formuladas a distancia, Barral admitiu que ao Deportivo está a "prexudicalo totalmente esta incerteza" en que se atopa ao descender a Segunda B e estar pendente de que poida quedar en Segunda División por non poder disputar a última xornada do campionato en horario unificado.

"Estamos a ir a unhas datas xa onde o mercado leva tempo movéndose e afecta a planificación. Tanto a deportiva como a formación da secretaría técnica. Non se pode entender, baixo os máis mínimos parámetros normais. 

Noticias web

24/08/2020