Riccardo Muti dirixe o concerto da Filarmónica de Viena nunha sala baleira
Publicado o 01/01/2021 16:21
O tradicional concerto de Aninovo da Filarmónica de Viena marcou o inicio deste 2021 no eido cultural, pero sen público. . Riccardo Muti foi o encargado de dirixila por sexta vez. Antes do vals do Lago dos Cisnes e da Marcha Radenski, o director italiano lanzou unha mensaxe para os dirixentes do mundo: "consideren á cultura como un dos elementos primordiais para ter unha sociedade mellor".