Ricardo Ramilo conta que o desencontro co seu copiloto comezou por unha Pepsi-Cola
Publicado o 18/01/2021 20:52
Ricardo Ramilo chegou á casa hoxe despois da súa aventura no Dakar. O piloto galego deixou moi clara cal é a súa versión do acontecido co seu copiloto. E segundo llelo contou aos compañeiros do Quen anda aí nada máis aterrar en Santiago, ten moito máis de anécdota e comedia que de drama.