CRTVG

Buscar

Ricardo Ramilo competirá no Dakar 2021 co seu 'buggie'

Publicado o 16/12/2020 22:09

Tras cinco anos nos que apenas podía andar, Ricardo Ramilo volve á competición. Pero non o fará sobre dúas rodas, onde desenvolveu a súa carreira e chegou a ser subcampión de España. Aos seus 56 anos, este piloto vigués, participará por primeira vez no Dakar, aos mandos dun buggie. O seu copiloto será Xavi Blanco, catalán de orixe galega.

Ricardo Ramilo: "É o que me vai permitir ir máis rápido ou máis amodo, voulle facer caso en todo porque ten moita experiencia. Foi o copiloto de Chus Puras este ano e foilles moi ben que quedaron sextos na categoría de buggies".

Unha aventura de risco e de elevado custe.

Ricardo Ramilo: "Correr cun buggie o Dakar o custo medio é duns 200.000 euros, entre comprar os buggies ou alugalos, contratar o equipo de asistencia e pagar os gastos de inscrición".

O rally de Andalucía e o Nacional de Todo terreos deixoulle boas sensacións para afrontar con ilusión este novo reto.

Ricardo Ramilo: "Para que che vou a mentir, gustaríame gañar, pero non vai suceder, entón véxome alí ao final celebrando que fun capaz de vencer o ralli máis duro do mundo".

O soño comeza en xaneiro no deserto de Arabia.

Noticias web

16/12/2020