CRTVG

Buscar

Ricardo Carvalho Calero: poeta, novelista, dramaturgo e ensaísta

Publicado o 15/05/2020 16:21

Na súa biblioteca, Ricardo Carvalho Calero andaba á procura dun libro dos moitos que publicou na súa vida, unha longa carreira literaria que comezou na adolescencia.

O seu primeiro libro en galego sería de poesía, Vieiros, saíu do prelo en 1931, cando tiña 21 anos. E Xente da barreira, a primeira novela en galego escrita na posguerra.

Pulsou moitos xéneros. Tamén o teatro. Da época de profesor no colexio Fingoi de Lugo data, por exemplo, A farsa das zocas. Nese período recompilou a súa Historia da literatura galega, un minucioso traballo fundamental para o idioma.

En 1965 sacou á luz a Gramática elemental do galego común, un éxito con sete edicións, primeira análise moderna da nosa lingua.

Nos seus últimos anos gaña o Premio da Crítica Española pola súa novela Skórpio, un retrato da súa xeración.

Polifacético e infatigable autor, quizais na poesía atopaba o seu mellor espello, como é o caso de Pretérito imperfeito.

Despois de morrer, en 1990 publican un seu libro póstumo, un ensaio, Do galego e da Galiza, dúas preocupacións que encheron a súa existencia.

Noticias web

15/05/2020