CRTVG

Buscar

Ribeira sobe a nivel medio con 33 casos activos

Publicado o 14/04/2021 16:23

"Eu penso que a 4ª ola non zafamos dela porque cada día soben máis casos", comenta unha veciña. Cando hai unha semana se coñecía o aumento de positivos na Pobra, os seus veciños da Barbanza empezaron a preocuparse.

"Estamos tan interrelacionados que non se pode dicir que o gromo sexa da Pobra, senón que o gromo é da Barbanza e a partir de aí xa sabiamos que era moi probable un aumento no número de contaxios.", apunta Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira.

Dos 33 casos activos que ten Ribeira, 21 apareceron estes últimos días. Os veciños temen un novo peche.

"Van facer un cribado na lonxa de Ribeira que parece que hai un gromo, entón aí si que empezamos a preocuparnos máis e claro pendientes de que nos vaian pechar", comenta Genma Recamán, hostaleira.

O venres entran de novo no nivel medio de restricións e a hostalaría volve a indignarse. "Estamos en Galicia, aquí chove un día si e outro tamén. Si dentro nos pechan aínda que amplíen unha hora máis si nos reducen interior, o comido polo servido", fala Marián Ramos, tamén hostaleira. "Os que saiamos vencedores desta loita creo que non hai quen nos bote abaixo", comenta Sandra Oujo. 

Noticias web

14/04/2021