CRTVG

Buscar

Ribeira de Piquín e Riotorto, entre os concellos que se manteñen libres da covid

Publicado o 31/07/2021 19:46
Ribeira de Piquín e Riotorto, entre os concellos que se manteñen libres da covid

Pilar é a dona duns apartamentos turísticos da Ribeira de Piquín.
Aquí a calma e a distancia social son loanza intrínseca; un tesouro dos tempos pandémicos que deixaron a Ribeira de Píquín sen covid, un dos motivos polos que este ano hai tantos turistas.

A poucos quilómetros está Riotorto. A praza do concello está baleira e hai pouco ambiente nos bares.
Neste salón de peiteado atopamos a varias veciñas.

Na porta está o pai da peiteadora. Explícanos porqué non hai covid en Riotorto.

Na provincia de Ourense hai 8 concellos sen covid: Porqueira, Muíños, Baltar, Vilar de Barrio, Xunqueira de Espadanedo, Padrende, Gomesende e Beade; na de Pontevedra está Dozón, e na da Coruña, As Somozas é o único concello sen coronavirus.

Noticias web

31/07/2021