Ribeira de Piquín, dos poucos concellos que hai en Galicia libres de covid
Publicado o 04/02/2021 14:39
En Ribeira de Piquín levan dende outubro sen rexistrar casos de covid, e dende que comezou a pandemia só houbo no municipio tres contaxios. É unha mestura entre un pouco de sorte e de novo a vantaxe de vivir nunha zona rural.
Hai poucos veciños e os que hai teñen un comportamento exemplar no cumprimento das normas.
O Concello tamen quixo facilitarlles a vida neste tempos de pandemia.
"Tratamos de darlles solucións para que non se despracen, a súa prudencia e os servizos que lles damos de forma telemática favorece que os contaxios sexan menos", explica o seu alcalde, Roberto Fernández.
Este municipio conta con pouco máis de 500 habitantes repartidos en 40 núcleos.