A Ribeira Sacra optará de novo a ser Patrimonio da Humanidade en 2023 ou 2024
• Traballarase para reforzar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade
2023 ou 2024 son as dúas datas no horizonte para que a Ribeira Sacra opte de novo a ser declarada Patrimonio da Humanidade. Así se puxo de manifesto durante o encontro mantido polo conselleiro de Cultura con alcaldes e axentes sociais da zona. Con eles analizou o escenario que se abre logo de que os gobernos centrais e autonómicos decidiran non optar a esta distinción este ano tras os reparos presentados por un órgano asesor da Unesco. Román Rodríguez dixo que agora toca traballar para mellorar os detalles cuestionados.
A Ribeira Sacra terá que agardar a ser declarada Patrimonio da Humanidade. Na comarca creou certa desilusión a retirada da candidatura para este ano acordada polos gobernos central e autonómico, pero vistas as explicacións o entenden.
Alcaldes e axentes socioeconómicos analizaban co conselleiro de Cultura o novo escenario que se abre logo dos reparos, fundamentalmente técnicos, presentados pola Unesco.
Por iso traballarán arreo para lograr ese recoñecemento
Para elo, din, será fundamental manter o traballo conxunto entre tódalas administracións.