Ribadumia teme un incremento das restricións debido á suba de contaxios

"Si, hoxe toda a mañá a xente estivo falando, pregúntanme e eu dígolles que o máis probable é que si que pasemos ao nivel alto". "Xa estamos pensando que o venres vimos, case seguro". Este é o sentir xeral hoxe en Ribadumia. Están con 14 casos activos, pero 11 son da última semana. A incerteza volve invadir o día a día.
"E que botas o día facendo cálculos da incidencia, a como imos, a ver como estamos, a ver se aguantamos unha semana máis", comenta Clara García, camareira.
María Estonllo que ten un salón de peiteados comenta: "Nós temos xente da zona de Meis, de Sanxenxo, O Grove de todo por aí e se pechan o concello báixanos o traballo a menos da metade".
"Cando nos pecharon da outra vez tivemos que darlle a comida á xente na porta, era moi difícil, veíaos comer dentro do coche e si nos pechan vai ser así outra vez", fala Juliana Salazar, encargada dun establecemento de hostalería.
Onde aumentaron as vendas foi nas tendas de deporte. Todo o mundo se apuntou á moda de roupa cómoda.
"Señores de 80 anos que nunca tiveron unhas zapatillas e agora... ou sexa, todo o mundo", apuntaMaría José Piñeiro, que rexenta unha tenda de deportes.
Esta tarde reúnese o comité e todos están expectantes.
"Hai medo, si que hai respecto pero todas as medidas que se poidan tomar e que se poidan levar a cabo son polo ben de todos os veciños e polo tanto o que decidan para nós, ben decidido está", informa David Castro, alcalde de Ribadumia.