CRTVG

Buscar

Ribadeo conta cun labirinto vexetal en Rinlo

Publicado o 11/07/2021 18:18

A carón do Cantábrico e a cinco minutos da praia das Catedrais sitúase este labirinto de Rinlo, en Ribadeo, que de momento non é máis ca un proxecto avanzado do que será.
Levantado con tuias e leilandis, está inspirado nos que hai en Francia ou Suíza.

Na mesma parcela tamén hai xogos tradicionais e orixinais, feitos con madeira deseñados para entreter a todo tipo de público.

A idea é pasar aquí o día, porque cando o labirinto vexetal estea rematado dar coa saída non será doado.

Complicado foi levar adiante o proxecto do labirinto, debido a diversos contratempos, pero cando estea en funcionamento, nun par de anos, tamén se poderán levar a cabo concertos e mesmo festas temáticas.

Unha iniciativa de lecer da que xa se poderá gozar este mesmo verán, pese a que ata dentro de dous ou tres anos non estará mesto.

Noticias web

11/07/2021