Seguen os rexistros relacionados co alixo de media tonelada de cocaína atopado en Marín
Publicado o 21/09/2019 13:42
• Non se desbotan novas detencións
Mantense aberta a operación policial que permitiu descubrir onte media tonelada de cocaína oculta nunha nave en Marín e que se salda, ata o momento, coa detención de cinco persoas. Hoxe continúan desenvolvéndonse rexistros tanto en Galicia como fóra da nosa comunidade, polo que a Policía non desbota que se produzan novos arrestos. Aínda que se mantén o segredo sobre as súas actuacións si puidemos saber que a droga chegou a Galicia en barco.
En contra do que adoita ser habitual, a policía non a interceptou no mar senón cando xa fora descargada. Os axentes seguíanlle a pista ao alixo tras recibiren información da DEA e das autoridades colombianas.