CRTVG

Buscar

Rexístrase un terremoto en Gomesende e un incendio forestal en Rubiá

Publicado o 12/08/2021 22:29
Rexístrase un terremoto en Gomesende e un incendio forestal en Rubiá

Rexístrase un terremoto de 3,2 graos na escala de Richter con epicentro na localidade ourensá de Gomesende e tamén un incendio forestal que se mantén activo agora mesmo en Rubiá.

A Consellería do Medio Rural informou de que o lume se orixinou arredor das 6 da tarde e afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas. Nas tarefas de control participan 4 axentes, 11 brigadas, 3 motobombas e 3 pas, 7 avións e 5 helicópteros.

Noticias web

12/08/2021