CRTVG

Buscar

Rexístrase un terremoto de 3,2 graos en Baltar que se deixa notar a 25 quilómetros

Publicado o 01/05/2021 20:31

 

 

Rexístrase un terremoto de 3,2 graos en Baltar que se deixa notar a 25 quilómetros

O sur do concello ourensán de Baltar foi o epicentro a pasada madrugada dun sismo de 3,2 graos de magnitude na escala de Richter que se sentiu en varias localidades a máis de 25 quilómetros de distancia do epicentro.

 O Instituto Xeográfico Nacional informa que o tremor produciuse ás 02:17 horas do sábado a escasos quilómetros da fronteira entre Galicia e Portugal nos límites do concello de Baltar.

O sismo chegou a sentirse entre outras localidades en Xinzo da Limia. Non se notificaron danos.