CRTVG

Buscar

Rexístrase un gromo con polo menos oito positivos no Hospital Povisa de Vigo

Publicado o 27/10/2020 17:36
Rexístrase un gromo con polo menos oito positivos no Hospital Povisa de Vigo

Rexístrase un gromo de covid con polo menos oito casos positivos no Hospital Povisa de Vigo. Fontes do centro hospitalario indicaron que a orixe do gromo está relacionada co familiar dun paciente ao que se ingresou na quinta planta.

Malia o resultado negativo na proba PCR desta segunda persoa no momento da súa hospitalización, puido detectarse despois que se contaxiara.

Tras someterse os traballadores do hospital ás probas correspondentes, sete resultaron positivos e atópanse en illamento domiciliario. Por outra banda, detectáronse outros seis casos positivos de coronavirus en profesionais do hospital non vencellados a este gromo. Estas persoas, que se atopan en illamento domiciliario, contaxiaríanse fóra do centro e non regresarían ao mesmo.