CRTVG

Buscar

Rexístranse 117 mortos polos disturbios e saqueos en Suráfrica

Publicado o 15/07/2021 17:52
Rexístranse 117 mortos polos disturbios e saqueos en Suráfrica

Un total de 117 persoas faleceron ata este xoves nos disturbios e saqueos masivos ocorridos en Suráfrica nos últimos días, como consecuencia dos cales se practicaron máis de 2.000 detencións, confirmou este xoves o Goberno surafricano.

A rexión máis afectada pola explosión de violencia é a provincia de KwaZulu-Natal, onde o balance de mortos é de 91 e o de detidos ascenden  a 1.478. A presenza militar nas rúas elevouse ata os 10.000 soldados e a situación xa está case estabilizada.

Os incidentes comezaron o pasado 9 de xullo tras o encarcelamento do expresidente Jacob Zuma, por desacato xudical, tras negarse a declarar por corrupción.

Noticias web

15/07/2021