CRTVG

Buscar

Rexistran dúas naves 'okupas' polos disturbios do sábado en Barcelona

Publicado o 01/03/2021 20:06
Rexistran dúas naves 'okupas' polos disturbios do sábado en Barcelona

Os Mossos d'Esquadra practicaron varios rexistros en relación cos violentos disturbios do pasado sábado en Barcelona en prostesta polo encarceramento do rapeiro Pablo Hasél. As actuacións teñen que ver con ataques coma este, o intento de incendio dunha furgoneta da garda urbana cun axente no seu interior.

A policía catalá rexistrou hoxe dúas naves ocupadas en Mataró e Canet de Mar, na comarca barcelonesa do Maresme. Nos rexistros estiveron presentes 8 dos 14 detidos esta fin de semana, entre eles unha muller italiana que presuntamente foi quen regou o vehículo con líquido inflamable.

Noticias web

01/03/2021