Rexistrado un novo incendio forestal en Muíños que afecta xa unhas 50 hectáreas
Publicado o 08/08/2020 09:51

Un novo incendio forestal afectou o venres o municipio ourensán de Muíños. Segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural, o incendio, xa estabilizado, foi rexistrado ás 13.20 horas na parroquia de Requiás e afectou unhas 50 hectáreas.
Ademais, unha motobomba municipal ardeu en Calvos de Randín por mor do incendio, aínda que non houbo feridos tras o suceso.
ACTIVO un novo lume no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Xa están traballando no seu control medios terrestres e aéreos. #IFRequiásMuíños
— incendios 085 (@incendios085) August 7, 2020
Precisamente, na madrugada do venres foron extinguidos outros dous incendios nesta parroquia, que afectaron a algo máis dunha hectárea de monte raso.