Rexeitan que o ex-xefe Antidrogas de Ourense se presente na causa da morte dun policía na comisaría
Publicado o 25/10/2019 14:39
A Audiencia Provincial rexeita a presentación na causa da morte dun policía na comisaría de Ourense do que fora xefe da unidade antidroga porque considera que non está acreditado que o falecemento de Celso Blanco o prexudique. Polo tanto, no procedemento que se está a seguir contra os dous policías, irmáns xemelgos, polo suposto homicidio do seu compañeiro, só quedará como acusación particular a familia do axente falecido.
O ex-xefe de Antidrogas, así como outros policías imputados na operación Zamburiña en que se investiga o trato de favor a confidentes, si están presentados noutras causas relacionadas con todo o acontecido na comisaría como por exemplo o roubo de armas en que tamén terán que declarar como investigados os xemelgos.