CRTVG

Buscar

Rexeitadas dúas proposicións de lei para prohibir os indultos en casos de sedición

Publicado o 22/06/2021 19:57

O Congreso debateu este martes dúas proposicións de lei presentadas por PP e Vox para prohibir os indultos en delitos de sedición ou rebelión. Os populares pretendían reformar a actual norma, que data de 1870, alegando a alarma social causada, na súa opinión, polo perdón aos líderes independentistas.

O deputado popular Carlos Rojas esgrimiu que "é imprescindible responder con celeridade neste momento á demanda maioritaria dos españois, xa que estamos vivindo unha situación insólita que está xerando unha alarma social sen precedentes".

O PSOE acusou os populares de intentar agravar un conflito político en interese propio. O socialista Rafael Simancas ironizou con que "con esta proposición de lei non se pode indultar os líderes do 'procés' catalán, pero si se pode indultar a María Dolores de Cospedal se acaba sendo condenada polo caso Kitchen".

 As dúas proposicións de lei foron rexeitadas.

Noticias web

22/06/2021