Revisan o exame no Concello de Verín que só superou a filla do alcalde
Publicado o 08/06/2021 16:09

O Concello de Verín investiga o proceso de selección dun posto de traballo, en que a única aspirante que aprobou é a filla do alcalde, o socialista Gerardo Seoane. Unha comisión de control analizará o resultado do exame. Nun comunicado feito público, o consistorio confirmou a convocatoria da comisión este mesmo mércores, que estará integrada por sindicatos para revisar o proceso.
A aspirante á praza de traballadora social foi ademais a única, das 15 persoas que se presentaron, que respondeu correctamente as 38 preguntas.
A CIG denunciou o caso e agora o Concello decidu abrir unha comision de control para investigalo. O PP denuncia que se trata dunha das situacións máis graves que se rexistraron neste municipio en materia persoal.