CRTVG

Buscar

Revilla denuncia sufrir escraches "alentados pola extrema dereita"

Publicado o 07/05/2021 16:42

Miguel Ángel Revilla acaba de denunciar que os escraches que sofre son por ser un obxectivo a bater e estar indefenso por non levar garda persoal.

O presidente de Cantabria denucia que sofre estes ataques "alentados pola extrema dereita". Así se referiu ao feito de que este xoves varias persoas o gravaran nun restaurante de Santander acusándoo de fumar un puro nun espazo prohibido. Asegura que non fixo nada ilegal.