CRTVG

Buscar

Cambios nas cúpulas do PP e de Ciudadanos mentres o PSOE busca como evitar novas eleccións

Publicado o 30/07/2019 14:15
Cambios nas cúpulas do PP e de Ciudadanos mentres o PSOE busca como evitar novas eleccións
O líder do PP, Pablo Casado, anunciou unha importante renovación da súa cúpula na que nomea a Ana Beltrán, presidenta do PP de Navarra, como nova número tres do partido -vicesecretaria de Organización-, e do deputado por Málaga Pablo Montesinos á fronte de Comunicación.
Na reunión da Xunta Directiva Nacional do PP, Casado confirmou o nomeamento de Cayetana Álvarez de Toledo como portavoz no Congreso e de Javier Maroto -ata agora vicesecretario de Organización- como portavoz do Senado, así como de Dolors Montserrat como portavoz no Parlamento Europeo.
Tamén comunicou que Antonio González Terol será o novo vicesecretario de Política Territorial en substitución de Vicente Tirado, mentres que mantén a Cuca Gamarra á fronte da vicesecretaría Social e a Isabel García Tejerina na de Sectorial.
Ademais haberá unha nova vicesecretaría de Participación, que dirixirá o galego Jaime Olano, mentres que desaparece a vicesecretaría de Estudos e Programas, que ata agora dirixía Andrea Levy. Levy será a nova presidenta do Comité de Dereitos e Garantías en substitución de Rafael Hernando e Belén Hoyo relevará a Juan Ignacio Zoido á fronte do Comité Electoral. Estudos e Programas pasa agora a ser secretaría, e estará a cargo de Edurne Uriarte.

Cambios organizativos tamén en Ciudadanos. Albert Rivera quere pechar a crise de dimisións na directiva laranxa reforzando o núcleo duro do partido. Ampliouse o comité executivo de tinta e tres a cincuenta membros con incorporacións de afíns a Rivera, entre eles ex-dirixentes do PP como José Ramón Bauzá ou Ángel Garrido, así como o ex-socialista Joan Mesquida. A voceira do partido vai ser a nova líder catalá Lorena Roldán.

 

Noticias web

30/07/2019