Os traballadores de Alcoa agardan que o Goberno demostre vontade para a venda da factoría
Publicado o 04/05/2021 15:16
E sobre o futuro de Alcoa, esta tarde hai reunión entre o comité de empresa e o Ministerio de Industria. Os traballadores agardan que o Goberno lles traslade a súa vontade de favorecer a compravenda da fábrica coa SEPI actuando como intermediaria para que a propiedade pase de Alcoa a Liberty e se garantan os postos de traballo. Tamén dende a Xunta piden máis implicación por parte do Ministerio.