Reunión a tres bandas para analizar a situación de Barreras
Publicado o 01/10/2019 13:47
A Xunta prepara a reunión de mañá para analizar a situación de Barreras e buscar solucións que garantan o seu futuro. No encontro estarán representantes da patronal das empresas privadas do naval Pymar e de Ritz-Carlton.
"A Xunta de Galicia estará cos traballadores, coa industria auxiliar e para apoiar o futuro de Barreras e a carga de traballo que xa tiñamos contratada", sinalou Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.