'Retrato de un médico', do Greco, no Museo de Pontevedra
Publicado o 18/03/2019 16:25
No Museo de Pontevedra, podemos ollar durante un mes Retrato de un médico, unha das obras do Greco que se mostra habitualmente no Prado. E é que o museo madrileño fai 200 anos e, para celebralo, cede parte da súa colección a varios museos nunha iniciativa que se chama De xira por España.
Retrato de un médico foi pintado en Toledo en 1585 e estará exposto no Sexto Edificio xunto a dúas copias de La expulsión de los mercaderes del templo e San Pedro y San Paulo, tamén asinadas polo Greco.