CRTVG

Buscar

Atrásanse os resultados da autopsia de Blanca Fernández Ochoa

Publicado o 06/09/2019 14:05

O corpo de Blanca Fernández Ochoa podería quedar no Instituto Anatómico Forense de Madrid ata mañá para facer probas adicionais. Os familiares xa adiantaron que teñen a intención de incinerar a Blanca, aínda que terán que esperar ata que os forenses acaben de investigar.

Lola Fernández Ochoa, a irmá da falecida dixo: "É Blanca, é Blanca. Pero eu entendo que o xuíz ou o forense ten que determinar se é Blanca ten que ter probas científicas. Iso é o que nos dixeron que necesitan impresións dixitais e ADN para certificar oficialmente que é Blanca. Por suposto que é Blanca".

A morte de Blanca podería tratarse dunha morte voluntaria. Atoparon o corpo apoiado sobre unha pedra con frascos de medicamentos e unha botella de viño a carón. Segundo o xornal El Mundo, na autopsia atoparon restos de Sinogan no seu estómago, un medicamento que se emprega para o tratamento da esquizofrenia, a psicose e os trastornos de bipolares.

Lola Fernández Ochoa engadiu: "E dá igual por que foi e como o fixo ou por que non o fixo ou se tomou ou non tomou, e que é o de menos... Estaba fenomenal, de feito, operou a cadeliña porque quería ir de viaxe uns días e levala por iso estráñanos todo moito".

A familia decidiu que a capela ardente se instalará en Cercedilla e que estará aberta a todo o mundo. Despois teñen previsto esparexer as cinzas nos Sete Picos, preto de onde a atoparon.

Noticias web

06/09/2019