Retómase o xuízo polo borrado dos ordenadores de Bárcenas coa declaración de Cospedal
Publicado o 20/06/2019 08:31

Hoxe retómase o xuízo polo borrado dos ordenadores que usaba o ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas na sede do partido. Van declarar catro acusados, entre eles a representante do PP. E tamén testemuñas como o propio Bárcenas, que será trasladado dende o cárcere onde cumpre condena de 33 anos pola Gürtel, e a ex-secretaria xeral do partido María Dolores de Cospedal.
A vista ten lugar nun xulgado do penal que debe dilucidar se se cometeron delitos de danos informáticos e encubrimento ao destruír a memoria dos discos duros nos que Bárcenas dixo que gardaba información sobre a suposta contabilidade B do PP.