CRTVG

Buscar

Retómase en Ourense a celebración da ofrenda floral das nais á Virxe de Fátima

Publicado o 12/05/2021 20:12

En Ourense, no barrio do Couto, volveu celebrarse a tradicional ofrenda floral das nais á Virxe de Fátima. Iso si, baixo as medidas preventivas e as restricións vixentes.

A ofrenda floral das nais á Virxe de Fátima é unha tradición que pasa en Ourense de avoas a nais e de nais a fillas. É o momento máis emocionante da novena de Fátima e este ano, despois de non poder celebralo no 2020, máis aínda.

A saúde para os seus é o desexo de todas neste momento.


 

Noticias web

12/05/2021