Retómase a actividade presencial nas oficinas do DNI

A Policía Nacional retomou este luns a actividade presencial en todas as oficinas de DNI de Galicia, con cita previa e a obriga de levar máscara.
As medidas que deben adoptar as persoas que teñan cita son as seguintes:
• Acudir coa máscara de forma individual.
• Levar o importe exacto en metálico, 12 euros para o DNI e 30 euros para o pasaporte.
• Os menores e persoas dependentes poden ir acompañados.
As dependencias das oficinas da Policía para expedir DNI xa foron equipadas con biombos que dividen as zonas de traballo e separan ao persoal da oficina do cidadán que está a ser atendido.
Tamén se instalaron dispensadores de xel hidroalcohólico nas instalacións para que sexa utilizado polo cidadán cando accede ás mesmas e cando as abandona.
A validez de todos os documentos nacionais de identidade que caducasen desde a entrada en vigor do estado de alarma o pasado sábado 14 de marzo prorrogarase durante un ano, ata o día 13 de marzo de 2021.
A cita previa para renovar a documentación, reiniciada de forma gradual e progresiva desde o 27 de maio, débese solicitar na páxina oficial www.citapreviadnie.es.