CRTVG

Buscar

Retomáronse esta fin de semana as viaxes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

Publicado o 20/06/2020 15:17

Desde primeira hora de hoxe, xa navegan barcos con viaxeiros cara ás Cíes e a Ons. As navieiras extreman as medidas de seguridade a bordo e modifican tamén os horarios. Mar de Ons ofrece catro travesías ao día dende Vigo e Cangas cara ás illas Cíes e outras tantas dende Portonovo, Sanxenxo e Bueu cara a Ons. As cotas mantéñense coma antes da pandemia, é dicir, 1.800 persoas ao día para as Cíes e 1.300 para Ons. A medidados de febreiro paralizáronse estas viaxes, catro meses despois había moitas ganas de regresar.

Noticias web

20/06/2020