CRTVG

Buscar

Galicia retoma este martes a vacinación coas 350 doses reservadas o domingo

Publicado o 28/12/2020 20:12

• Recibiranas usuarios e traballadores de sete residencias

• O comité clínico avala esta decisión para "non perder nin un só día" 

Galicia retoma este martes a vacinación coas 350 doses reservadas o domingo

A Xunta retomará este martes a campaña de vacinación contra a covid-19 con 350 doses que quedaron en reserva o pasado domingo, unha decisión avalada polo comité clínico que fai os labores de asesoramento na xestión da pandemia e que optou por non perder nin un só día.

Deste modo, informa a Consellería de Sanidade nun comunicado, empregaránse as doses que quedaron en reserva tras a administración do antíxeno na residencia compostelá de Porta do Camiño.

Son un total de 350 que se repartirán entre Fogar Residencial Bellolar, na área sanitaria da Coruña-Cee; residencia de maiores de Caranza, en Ferrol; residencia de maiores de Burela (Lugo); vivenda comunitaria residencial San Marcos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco; Fogar Residencial Servisenior, en Vilagarcía (Pontevedra); residencia Los Ancárgeles, na área sanitaria de Santiago e A Barbanza, e Residencia Santa Ana, na área sanitaria de Vigo. 

As vacinas serán supervisadas polos xerentes das correspondentes áreas sanitarias.