CRTVG

Buscar

Retoman os traballos de exhumación nunha fosa en Asturias onde apareceron restos de tres persoas

Publicado o 05/08/2021 08:37
Retoman os traballos de exhumación nunha fosa en Asturias onde apareceron restos de tres persoas

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica retomou os traballos de exhumación nunha fosa común en Asturias, e no primeiro día atoparon restos humanos de polo menos tres persoas. Tamén deron con varios artefactos balísticos neste terreo de El Grado.

Segundo un estudo da Universidade de Oviedo, polo menos 25 persoas foron enterradas nese mesmo lugar. Xa en xullo de 2020 se dera cos restos mortais doutras tres persoas e a escavación fora parada por orde xudicial. Realizouse unha toma de mostra de ADN dunha familiar que sospeita que seu avó está entre os restos atopados. Esta proba únirase a outras de familiares xa feitas meses atrás.

Noticias web

05/08/2021