CRTVG

Buscar

Retiran da catedral de Santiago os obxectos que os turistas deixan nos seus muros

Publicado o 06/10/2021 16:55
Retiran da catedral de Santiago os obxectos que os turistas deixan nos seus muros

Santiago quere acabar coa última moda dos peregrinos: colocar pedras na escalinata da catedral de Santiago. Hoxe a escalinata está totalmente limpa. As autoridades pídenlles aos camiñantes e visitantes que non depositen pedras ou recordos no exterior do templo.

Este costume pouco adecuado dos peregrinos de amorear pedras tamén podemos velo noutros puntos do Camiño e mesmo na praia das Catedrais.




 

Noticias web

06/10/2021