Prisión provisional para un home acusado de abusar dunha menor en Lugo
Tras prestar declaración nas dependencias xudiciais, o xuíz decretou para el prisión provisional por un presunto abuso sexual a unha menor. Tratáse dun home de 35 anos que na madrugada do mércores, abusaría sexualmente da moza de 16 anos cando regresaba á súa casa despois de saír de festa para celebrar a noite de Fin de Ano. Os feitos ocorreron na zona da Praza de Bretaña, nas inmediacións da Comandancia da Garda Civil e, segundo apuntan fontes policiais, tres mozos que pasaban polo lugar foron acudila ao escoitar os berros da adolescente pedindo axuda. Entre todos, lograron reter ao individuo que supostamente abusara dela.
Un deles chamou ao 112, que pasou aviso á Comisaría, pero case ao mesmo tempo pasou polo lugar unha patrulla da Garda Civil, que se fixo cargo de custodiar o suposto autor do abuso sexual ata que chegaron ao lugar as patrullas do Corpo Nacional de Policía. O home foi detido e trasladado aos calabozos das dependencias policiais, dado que segundo as mesmas fontes, foi autor dun suposto “abuso sexual, claro e patente”, aínda que se descartou que chegase a producirse unha violación, segundo as mesmas fontes.