CRTVG

Buscar

Retén un home dentro do seu coche en Ourense e ameázao para que saque cartos

Publicado o 01/07/2021 13:07
Retén un home dentro do seu coche en Ourense e ameázao para que saque cartos

En Ourense, un condutor estivo máis de 40 minutos retido no vehículo e cun coitelo no abdome. O descoñecido abriulle de súpeto a porta do coche e meteuselle dentro, obrigouno a dar voltas pola cidade durante máis de 40 minutos ata chegar a un caixeiro. Por medo a represalias, o home sacou coa súa tarxeta de crédito 600 euros e deulle tamén os 100 que levaba no peto.

A descrición que ofreceu a vítima permitiulle á Policía Nacional dar co seu paradoiro, trátase dun mozo de 21 anos natural de Pontevedra. Xa pasou a disposión xudicial e a xuíza deixouno en liberdade con medidas cautelares. 

Noticias web

01/07/2021