CRTVG

Buscar

Resumos dos partidos da Europa League

Publicado o 16/02/2018 10:11

 

Goleada do Atlético de Madrid en Dinamarca e derrota do Vilarreal en Lyon

Dezaseisavos de final: Quen peor o ten é o Vilarreal. Os amarelos perderon en Lión por 3 goles a 1. Deberán remontar no Madrigal. Sentenciada quedou a eliminatoria do Atlético de Madrid. Os de Simeone golearon o Copenhague, en Dinamarca, por 1 gol 4. 

A Real empata na casa co Salzburgo

En Anoeta medíronse a Real Sociedade e o Salzburgo.No minuto 27 os alemáns poñíanse por diante tras un saque de esquina. Rulli calcula mal para despexar e o balón acaba batendo na perna de Oyarzábal. Odriozola empataría o encontro aos dez minutos da segunda parte nunha xogada de lucimento persoal. Januzai poñería o segundo para a Real no minuto 80 con este lanzamento de falta directo. O balón cruza a barreira e sorprende o gardamenta.Pero no último minuto, Minamino sacudía Anoeta e poñía o segundo para os alemáns, complicando a eliminatoria para os de Eusebio. 

O Athletic encarrila a eliminatoria tras vencer 1-3 o Spartak

Mellor lle foi ao Athlétic de Bilbao en Moscova. Gañaron os de Ziganda por 1 gol a 3. Adiantouse o Athlétic, gol de Aduriz tras un centro de Raúl García. Volveu marcar Aduriz minuto 38. Saca a falta Susaeta, o balón rebota na barreira e chégalle a Aduriz que bate a Rebrov. Nesta longa xogada, Mikel Rico poñería o terceiro para os vascos no minuto 45.O primeiro para o Spartak chegou no minuto 61. Asinouno Luiz Adriano. O Athlétic deberá facer bo este resultado na volta, en San Mamés.

Noticias web

16/02/2018