CRTVG

Buscar

A lei de protección animal ampliará requisitos para os traballos gandeiros

Publicado o 08/10/2021 15:00

As leis de protección animal que prepara o Goberno poden afectar notablemente o traballo diario nas explotacións gandeiras galegas, con novas esixencias.

Tanto os cans que protexen o gando dos ataques da fauna salvaxe como os que guían os rabaños pasarán a ter idade de incorporación e de xubilación. Só poderán utilizarse cando cheguen aos 18 meses de idade e será un veterinario quen determine se hai que xubilalos cando fagan sete anos. O sector ovino, onde máis se utiliza, considera a proposta fóra de lugar porque supón un gasto e unha modificación de métodos de traballo que están a ser efectivos.

Os cabalos de monta tamén pasarán a unha situación similar. Só poderán montarse entre os 4 e os 23 anos de idade. Os animais de tiro coma vacas, burros ou os propios cabalos pasarán exames veterinarios anuais para comprobar, entre outras cousas, que non padecen estrés ou anisedade. Se ben o tiro é minoritario, o sector cre que estas medidas non melloran a situación actual. 

As que semellan ter os días contados son as granxas de visóns. A intención do Goberno é pechar as 26 que hai en Galicia polo, aseguran, elevado risco sanitario e para a fauna local que poden supoñer. 

Noticias web

08/10/2021