CRTVG

Buscar

Restricións na hostalería de Oleiros, con menos ocupación e consumo só no exterior

Publicado o 12/05/2021 15:29

A mala evolución da pandemia no concello de Oleiros fixo endurecer as medidas que afectan a hostalería. Só poderán servir nas terrazas á metade da ocupación.

Algúns hostaleiros xa decidiron que, a partir deste venres, baixarán a reixa de xeito temporal.

Oleiros conta con 61 contaxios nos últimos 14 días, dos que máis dunha vintena están vencellados ao colexio de infantil e primaria Isidro Parga Pondal que continúa con tres aulas confinadas.

Dentro da área sanitaria da Coruña e Cee, A Laracha comparte esta franxa de limitacións con Oleiros. Amais, Carral sobe ao nivel medio. Alí os hostaleiros poderán atender no exterior ao 50 por cento e no interior ao 30 por cento da súa ocupación.

Noticias web

12/05/2021