CRTVG

Buscar

Restricións e vixilancia nos cemiterios de España

Publicado o 31/10/2020 20:53

Noutros puntos de España tamén se tomaron medidas para evitar aglomeracións nos cemiterios. En Madrid, para o control dos dous máis grandes habilitáronse drons.

 "Podemos ver se hai incidentes nalgún punto, se hai exceso de xente, en grupos de máis de seis persoas, que é o límite. E mandariamos unha alerta e unha patrulla iría alí", explica o comisario da Policía Local de Madrid Javier Fernández.

Tamén se dispuxeron drons para a vixilancia dos camposantos de Elxe, en Alacant, onde ademais invitaron os cidadáns a non deixar a visita aos seus falecidos para o último día.

"Levamos xa vinte días solicitándolle á cidadanía que gradúe as visitas ao cemiterio. Isto permitiunos chegar a esta fin de semana cunha afluencia, polo momento, moi baixa", indica Héctor Díez Pérez, concelleiro de Cemiterios de Elxe.

Ademais de limitar a capacidade dos recintos ou o número de persoas por grupo, noutros camposantos establecéronse tempos máximos de visita.
 

Noticias web

31/10/2020