Restaurantes da Coruña ofrecen menús e receitas inspiradas na literatura gastronómica de Emilia Pardo Bazán
Publicado o 12/05/2021 21:43
Un guiso de costelar de vitela ás Torres de Meirás. É unha das moitas receitas recollidas na literatura gastronómica de Pardo Bazán cuxos sabores e olores volven ás cociñas dos restaurantes coruñeses.
Outras propostas nacen inspiradas na obra da intelectual galega, pero presentan versións actualizadas como estes espárragos de primavera ao estilo Emilia Pardo Bazán.
Toda unha homenaxe á grande escritora nas xornadas gastronómicas Territorio Atlántico.
Para degustar o que resta do mes de maio en 20 restaurantes da cidade da Coruña.