CRTVG

Buscar

Restaurantes a tope de reservas co gallo do día da nai

Publicado o 02/05/2021 13:57

Trece afortunados comen neste restaurante Silabario de Vigo, un dos poucos da cidade que teñen unha estrela Michelín. Os elixidos poden gozar destes pratos.
Debido ao éxito habitual de días coma este en que todos honramos as nosas nais, Silabario podería ter enchido cinco salas, pero non puido ser por problemas de restricións.
Os menús pechados deste restaurante están entre os cincuenta e os oitenta euros a fin de semana. Entre semana teñen un menú de vinte e cinco euros; un dos prezos máis competitivos nos establecementos desta gama.