CRTVG

Buscar

Resposta masiva das mulleres galegas na rúa

Publicado o 08/03/2019 14:45

Santiago soou a treboada de asubíos, cazolas e tambores... de mulleres galegas que berraron por un futuro máis xusto e igualitario. Por máis de mil motivos tomaron as rúas.

Pola igualdade real de oportunidades, reclaman medidas contra a violencia e a fenda laboral e salarial. onvencidas de que sen feminismo non hai revolución.

A resposta foi masiva de norte a sur. Esta é a imaxe ás portas do Marco. A marea morada repite consignas. Contra a prol dun mundo sen machismo.

As mulleres mobilizáronse tamén en Ourense. E se paran, din, para o mundo. Pero avisan: fano só para coller impulso e seguir loitando.

Noticias web

08/03/2019